Fajardo pide o goberno local a paralización das obras de mercadona para preservar os restos arqueoloxícos para uso público

EU diríxese ao goberno local para que solicite do goberno do estado a paralización das obras de Mercadona, co obxectivo de preservar os restos e estudar os mecanismo que permitan recuperar a zona integralmente para uso publico

A lei de patrimonio contempla paralización das obras, para estudar a catalogación como BIC dos achados arqueolóxicos, que permitiría recuperar o 100% do lugar para uso público.

Os novos descubrimentos nas obras que se están a realizar no Alobre, deberían supoñer un cambio de rumbo nas decisións urbanísticas tomadas nesa parcela nos últimos anos. Todos coincidimos en que non parece razoable situar unha superficie comercial no entorno do que pode ser o maior resto arqueolóxico de Vilagarcía e un dos máis importantes da Comarca.

Ante esta situación vimos de dirixirnos ao goberno local para que explore todas as posibilidades legais para recupera a totalidade da parcela, xa que a súa conservación e musealización ao carón dun espazo tan pouco estético como un novo centro comercial, suporía un deterioro na súa imaxe e a súa capacidade de atracción para o noso Concello.

Por iso existindo posibilidades legais de reverter a situación esiximos ao goberno que explore todos os mecanismos legais para facelo posible. Así a propia lei de patrimonio da a posibilidade ao Estado de paralizar as obras de calquera tipo ante novos achados arqueolóxicos de relevancia, que de confirmase poderían ser considerados como BIC e polo tanto mudar a consideración urbanística de toda a contorna.

Neste sentido, parece máis razoable solicitar a paralización das obras, para esixir que unha nova entidade analice a importancia e ocupación dos restos, xa que non se entende que estes non foran atopados nas catas e estudios previos que supostamente realizou a empresa antes de iniciar as obras. Desta fora os informes de patrimonio da Xunta carecen de valor por estar referidos a situacións anteriores que non teñen nada que ver coa relevancia dos novos descubrimentos, e que polo tanto poderían con levar a revisión de todo o expediente.

Cremos que Vilagarcía non se pode permitir seguir perdendo patrimonio e personalidade e por iso esiximos celeridade na toma de decisión que eviten actuacións irreversibles.

Entendemos necesario que a propia administración encargue un estudio independente que elimine as dúbidas que poida suscitar que a mesma firma que non atopou estes novos restos en todo o proceso anterior, estea agora realizando novos estudios e achados.

Estamos ante un caso evidente de execución de arqueoloxía preventiva

A recuperación dunha parte da parcela, sen a totalidade da contorna, suporía a perda de contextualización do xacemento, que perdería harmonía co resto do espazo ao convivir con un modelo de espazo comercial brutalista e pouco estético.





Nombre

A Illa,3,A Illa de Arousa,6,Barro,1,Cambados,42,Catoira,15,Deputación,2,Meaño,5,Meis,3,Moraña,1,O Grove,3,O Salnés,17,Pontecesures,3,Pontevedra,15,Pontevedra.,2,Portas,4,Ribadu,1,Ribadumia,5,Salnés,4,Santiago,3,Sanxenxo,15,Sanxenxo.,1,Valga,3,Vilagarcia,36,Vilagarcía,60,Vilagarcia.,6,Vilagarcía.,3,Vilanova,6,Vilanova.,1,
ltr
item
Canal Arousa: Fajardo pide o goberno local a paralización das obras de mercadona para preservar os restos arqueoloxícos para uso público
Fajardo pide o goberno local a paralización das obras de mercadona para preservar os restos arqueoloxícos para uso público
https://blogger.googleusercontent.com/img/a/AVvXsEhxUhOAH4PPvb2CotZtnM46a27q3fglGsh9zCi-Lv4FEHk3z8o9VThWMHG2kfUQ7JfYdE4CY6sVIjzw10Gd2CN6Q6TKmEksKqJw6ryI1i5NDpPbcRkf3mi49fkq-jWTHzf607iLo-xp70DksaArVOxaHW0AzgcFX1D4A7ztc8tp2b5rkvYlWqvuP9JX7Vw
https://blogger.googleusercontent.com/img/a/AVvXsEhxUhOAH4PPvb2CotZtnM46a27q3fglGsh9zCi-Lv4FEHk3z8o9VThWMHG2kfUQ7JfYdE4CY6sVIjzw10Gd2CN6Q6TKmEksKqJw6ryI1i5NDpPbcRkf3mi49fkq-jWTHzf607iLo-xp70DksaArVOxaHW0AzgcFX1D4A7ztc8tp2b5rkvYlWqvuP9JX7Vw=s72-c
Canal Arousa
https://www.canalarousa.com/2024/03/fajardo-pide-o-goberno-local.html
https://www.canalarousa.com/
https://www.canalarousa.com/
https://www.canalarousa.com/2024/03/fajardo-pide-o-goberno-local.html
true
1289625103974812364
UTF-8
Todos os artigos cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Leer mais Contestar Cancelar reply Borrar Por Portada PÁXINAS ARTIGOS Ver todo RECOMENDADO PARA TI ETIQUETA ARQUIVO BUSCAR TODOS OS ARTIGOS Not found any post match with your request Portada Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mer Xov Ven Sab Xaneiro Febreiro Marzo Abpril Maio Xuño Xulio Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Sep Out Nov Dec agora Fai 1 minuto Fai $$1$$ minutos Fai 1 hora Fai $$1$$ horas Onte Fai $$1$$ dias Fai $$1$$ semanas fai mais de 5 semanas Seguidores Seguir CONTIDO PREMIUM STEP 1: Comparte nunha rede social STEP 2: Preme nese enlace publicado na rede social Copiar todo o código Seleccionar todo o código All codes were copied to your clipboard Can not copy the codes / texts, please press [CTRL]+[C] (or CMD+C with Mac) to copy Tabla de Contidos