πŸ”΄ A FUSIΓ“N DE FLAMENCO, POP E RITMOS ACTUAIS DE ANTONIO CARMONA ENCHERÁ O PARQUE DA XUNQUEIRA O 20 DE AGOSTO



πŸ”΄  Aos poucos vaise debullando a lista de concertos, todos gratuΓ­tos, das festas de San Roque 2024. Aos de Guadi Galego (mΓ©rcores 14 de agosto) e Anni B. Sweet (domingo 18), agora ΓΊnese o de Antonio Carmona o martes 20. SerΓ‘ Γ‘s 22:30 horas no parque da Xunqueira. Na xira 2024, que comezou en febreiro en Jerez de la Frontera, o compositor granadino estΓ‘ acompaΓ±ado no escenario por algΓΊns membros da sΓΊa familia, a dos Habichuela, con tan ampla traxectoria e transcendencia na mΓΊsica de EspaΓ±a. No seu repertorio, ademais dos temas novos, Carmona farΓ‘ repaso dalgΓΊns dos grandes Γ©xitos de Ketama, o grupo ao que pertenceu e liderou durante case dΓΊas dΓ©cadas.


Este ano, ao tempo que prepara un novo disco, Antonio volve sobre o escenario co seu espectΓ‘culo "Antonio Carmona en familia", unha autΓ©ntica festa flamenca. Rodeado dos seus, ofrece un concerto ΓΊnico para todos os pΓΊblicos onde o baile, a forza, o "duende" e a diversiΓ³n estΓ‘n garantidos. Un espectΓ‘culo que mestura a forza e a pureza do flamenco coa diversidade dos ritmos latinos e a vangarda dos sons mΓ‘is actuais. Gran compositor cunha voz ΓΊnica, percusionista excepcional e guitarrista, Γ© un "mestre" do directo. E iso poderΓ‘n comprobalo os vilagarciΓ‘ns e visitantes o martes 20 de agosto, e con carΓ‘cter gratuΓ­to.


Ao longo de toda a sΓΊa carreira, Antonio Carmona colaborou cos artistas mΓ‘is importantes do panorama musical nacional e internacional. CamarΓ³n da Isla, Paco de LucΓ­a, Lenny Kravitz, Willie Nelson, Alejandro Sanz, Juanes, Nelly Furtado… son algΓΊns dos artistas que traballaron con el. Entre as sΓΊas ΓΊltimas colaboraciΓ³ns, cabe destacar a composiciΓ³n e interpretaciΓ³n do Γ©xito mundial "Me maten" xunto a C. Tangana e de "CorazΓ³n gitano", canciΓ³n incluΓ­da en "Mendo", Γ‘lbum de Alex Cuba premiado como o mellor de pop latino nos Grammy 2022.

Nombre

A Illa,5,A Illa de Arousa,7,Barro,1,Caldas de Reis,3,Cambados,47,Catoira,19,DeputaciΓ³n,2,Galicia,1,MarΓ­n,1,MeaΓ±o,5,Meis,3,MoraΓ±a,1,O Grove,4,O SalnΓ©s,19,Pontecesures,4,Pontevedra,19,Pontevedra.,3,Portas,6,Ribadu,1,Ribadumia,7,SalnΓ©s,4,Santiago,3,Sanxenxo,26,Sanxenxo.,3,Valga,3,Vilagarcia,36,VilagarcΓ­a,105,Vilagarcia.,6,VilagarcΓ­a.,3,Vilanova,7,Vilanova.,1,
ltr
item
Canal Arousa: πŸ”΄ A FUSIΓ“N DE FLAMENCO, POP E RITMOS ACTUAIS DE ANTONIO CARMONA ENCHERÁ O PARQUE DA XUNQUEIRA O 20 DE AGOSTO
πŸ”΄ A FUSIΓ“N DE FLAMENCO, POP E RITMOS ACTUAIS DE ANTONIO CARMONA ENCHERÁ O PARQUE DA XUNQUEIRA O 20 DE AGOSTO
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjk-5G6ZL5ZGiH_5xJaJjVtqz8mxmrz_QvKMFlEyFDWFYTt188iI_xWPVu2C7zO1-yGy2XK7icoKY5A1XeeC0QQ3NElcGleYC1C831NpgZwLlCgLQZbT4sdLIQWcLnUvTjXiasXg1l7Lc6QYk2auNsjbtpPQqE033RLxoz26xoZt3gXCmyeBr9-XanR3j4G/s320/IMG_7819.jpeg
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjk-5G6ZL5ZGiH_5xJaJjVtqz8mxmrz_QvKMFlEyFDWFYTt188iI_xWPVu2C7zO1-yGy2XK7icoKY5A1XeeC0QQ3NElcGleYC1C831NpgZwLlCgLQZbT4sdLIQWcLnUvTjXiasXg1l7Lc6QYk2auNsjbtpPQqE033RLxoz26xoZt3gXCmyeBr9-XanR3j4G/s72-c/IMG_7819.jpeg
Canal Arousa
https://www.canalarousa.com/2024/07/fusion-de-flamenco-pop-e-ritmos-actuais.html
https://www.canalarousa.com/
https://www.canalarousa.com/
https://www.canalarousa.com/2024/07/fusion-de-flamenco-pop-e-ritmos-actuais.html
true
1289625103974812364
UTF-8
Todos os artigos cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Leer mais Contestar Cancelar reply Borrar Por Portada PÁXINAS ARTIGOS Ver todo RECOMENDADO PARA TI ETIQUETA ARQUIVO BUSCAR TODOS OS ARTIGOS Not found any post match with your request Portada Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres SÑbado Dom Lun Mar Mer Xov Ven Sab Xaneiro Febreiro Marzo Abpril Maio Xuño Xulio Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Sep Out Nov Dec agora Fai 1 minuto Fai $$1$$ minutos Fai 1 hora Fai $$1$$ horas Onte Fai $$1$$ dias Fai $$1$$ semanas fai mais de 5 semanas Seguidores Seguir CONTIDO PREMIUM STEP 1: Comparte nunha rede social STEP 2: Preme nese enlace publicado na rede social Copiar todo o código Seleccionar todo o código All codes were copied to your clipboard Can not copy the codes / texts, please press [CTRL]+[C] (or CMD+C with Mac) to copy Tabla de Contidos