ESQUERDA UNIDA ACUSA A TANIA GARCÍA DE MENTIR NO PLENO SOBRE A TAXA DO LIXO




O Grupo Municipal de Esquerda Unida (EU) acusa á voceira socialista Tania García de mentir no pleno do pasado luns ao defender que a reforma da taxa pola recollida de lixo non suporía que as vivendas turísticas pagasen menos que as habituais. Segundo EU, esta afirmación é “rotundamente falsa”, como se evidencia na gráfica que acompaña o comunicado. Nel obsérvase que unha vivenda turística pode pagar ata 100 euros menos que unha habitual.


Esquerda Unida critica que a ordenanza aprobada polo bipartito local permite que os propietarios de vivendas destinadas a uso turístico obteñan descontos de ata 100 euros no caso de inmobles dun dormitorio e de 46 euros para aqueles de tres dormitorios. Pola contra, as familias que ocupan vivendas habituais afrontan un custo maior na taxa do lixo, o que EU considera un trato inxusto e favorable aos especuladores da vivenda.


O grupo municipal lembra tamén que Tania García ten un “historial de mentiras” no pleno da corporación, acusándoa de falsificar información sobre o tráfico no mercado nunha intervención anterior. Neste caso, consideran que o BNG, como socio do PSOE no goberno local, tamén é responsable por apoiar unha decisión que “sangra ás familias” mentres beneficia aos propietarios de vivendas turísticas.


EU insta ao goberno local a seguir o exemplo de concellos como A Illa ou Caldas de Reis, que estableceron unha reforma máis xusta para as taxas de lixo. Ademais, censuran que o pleno fose convocado de forma “furtiva” un luns pola mañá, o que atribúen á intención de facilitar a asistencia de membros do goberno a eventos persoais.


Finalmente, Esquerda Unida pide que se respecte o horario ordinario dos plenos, habitualmente programados para o último xoves de cada mes, así como as xuntanzas previas cos voceiros dos diferentes grupos.


Nombre

A Illa,4,A Illa de Arousa,6,Barro,1,Caldas de Reis,1,Cambados,46,Catoira,17,Deputación,2,Marín,1,Meaño,5,Meis,3,Moraña,1,O Grove,4,O Salnés,19,Pontecesures,3,Pontevedra,18,Pontevedra.,2,Portas,5,Ribadu,1,Ribadumia,5,Salnés,4,Santiago,3,Sanxenxo,16,Sanxenxo.,2,Valga,3,Vilagarcia,36,Vilagarcía,85,Vilagarcia.,6,Vilagarcía.,3,Vilanova,6,Vilanova.,1,
ltr
item
Canal Arousa: ESQUERDA UNIDA ACUSA A TANIA GARCÍA DE MENTIR NO PLENO SOBRE A TAXA DO LIXO
ESQUERDA UNIDA ACUSA A TANIA GARCÍA DE MENTIR NO PLENO SOBRE A TAXA DO LIXO
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhD4U5scFUbsDW77kkg5_WYsODarFidHzMAH8HReUAE9abAEjfT09n0wfFkOJVOZS0iSKVHwvlL97fu8I-YNj3v8MIwsm8YVQ1MST9K4s1pEsrMYqIXXJZgJb-P5TapfCQrBggzFefAkeSPXudVNHtAlZ2tNlijeFO5CHlAYljduqKR-iIZAnc8leJvY1of/s320/IMG_9232.jpeg
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhD4U5scFUbsDW77kkg5_WYsODarFidHzMAH8HReUAE9abAEjfT09n0wfFkOJVOZS0iSKVHwvlL97fu8I-YNj3v8MIwsm8YVQ1MST9K4s1pEsrMYqIXXJZgJb-P5TapfCQrBggzFefAkeSPXudVNHtAlZ2tNlijeFO5CHlAYljduqKR-iIZAnc8leJvY1of/s72-c/IMG_9232.jpeg
Canal Arousa
https://www.canalarousa.com/2024/12/esquerda-unida-acusa-tania-garcia-de.html
https://www.canalarousa.com/
https://www.canalarousa.com/
https://www.canalarousa.com/2024/12/esquerda-unida-acusa-tania-garcia-de.html
true
1289625103974812364
UTF-8
Todos os artigos cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Leer mais Contestar Cancelar reply Borrar Por Portada PÁXINAS ARTIGOS Ver todo RECOMENDADO PARA TI ETIQUETA ARQUIVO BUSCAR TODOS OS ARTIGOS Not found any post match with your request Portada Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mer Xov Ven Sab Xaneiro Febreiro Marzo Abpril Maio Xuño Xulio Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Sep Out Nov Dec agora Fai 1 minuto Fai $$1$$ minutos Fai 1 hora Fai $$1$$ horas Onte Fai $$1$$ dias Fai $$1$$ semanas fai mais de 5 semanas Seguidores Seguir CONTIDO PREMIUM STEP 1: Comparte nunha rede social STEP 2: Preme nese enlace publicado na rede social Copiar todo o código Seleccionar todo o código All codes were copied to your clipboard Can not copy the codes / texts, please press [CTRL]+[C] (or CMD+C with Mac) to copy Tabla de Contidos