Esta mañá, domingo 6 de abril, miles de galegos e galegas saíron ás rúas de Santiago de Compostela para reclamar unha sanidade pública digna, con máis recursos tanto na atención primaria como na atención hospitalaria.
A manifestación, que partiu ás 12:00h dende a Alameda, contou coa presenza de colectivos sociais, veciñais, profesionais sanitarios e tamén grupos políticos da comarca, como o BNG da Illa de Arousa, representado polo seu portavoz Manuel Suárez.


