SURREALISTA PERO CERTO.
A Policía Local de Vilagarcía viviu este xoves unha escena digna dunha serie criminal: dous homes, de 45 e 24 anos, paseaban tranquilamente pola parroquia de Rubiáns… cunha caixa chea de fíos de cobre, nada menos que 55 KILOS .
Algo non cadraba.
A patrulla que os viu non tardou en interceptalos, e ao pedir explicacións, chegou o festival de contradicións:
— “Atopámolo tirado pola rúa”, dixo un.
— “É meu, tiñao na casa”, soltou o outro.
Como? En serio?
Ante semellantes versións, os axentes incautaron a carga e levaron os dous individuos directamente á Comisaría da Policía Nacional, onde se instruiu o atestado correspondente. Xa están á disposición xudicial.
O cobre, que está moi cotizado no mercado negro, adoita ser obxecto de roubos en obras, empresas e instalacións eléctricas. A súa reventa pode xerar beneficios rápidos… e problemas coa xustiza.
Vilagarcía, unha vez máis, protagonista dun episodio que mestura picardía, torpeza e delito.
Estaremos atentos para saber de onde saíu realmente ese cobre… e cal será o destino dos “recicladores improvisados”.