O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, DIEGO CALVO, asistiu esta tarde Γ‘ XXII Gala Anual da FundaciΓ³n Galega Contra o NarcotrΓ‘fico, un evento xa consolidado no calendario galego como referente na loita contra esta lacra social. Durante a gala, entregou unha das NΓ©coras de Ouro Γ‘ Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil pola sΓΊa contribuciΓ³n destacada Γ‘ loita contra o narcotrΓ‘fico en Galicia.
O acto contou tamΓ©n coa presenza do director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, o director xeral de Xustiza, JosΓ© Tronchoni, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, AgustΓn Reguera.
Nesta ediciΓ³n, a fundaciΓ³n recoΓ±eceu tamΓ©n o labor doutras persoas e entidades que traballan desde diferentes Γ‘mbitos na prevenciΓ³n e loita contra as drogas. Recibiron o galardΓ³n o Servizo Preventivo Asistencial de Drogodependencias (SPAD) de VilagarcΓa, a xornalista Alejandra Andrade e o exresponsable de CΓ‘ritas, JosΓ© Anuncio MouriΓ±o RaΓ±Γ³.
Ademais, a gala outorgou a DistinciΓ³n de Honra ao Colexio de Procuradores da CoruΓ±a, pola sΓΊa implicaciΓ³n no desenvolvemento do Servizo de XestiΓ³n de Bens Intervidos ao NarcotrΓ‘fico, unha iniciativa posta en marcha en colaboraciΓ³n coa fundaciΓ³n e co apoio da Xunta de Galicia, que permite a xestiΓ³n e o depΓ³sito dos bens intervidos nas operaciΓ³ns contra o narcotrΓ‘fico.
A gala reafirmou unha vez mΓ‘is o compromiso institucional e social de Galicia na loita contra o narcotrΓ‘fico e na defensa das persoas afectadas polas sΓΊas consecuencias.

