🔴 A Mancomunidade do Salnés, en colaboración cos Concellos de Cambados, Meaño e Meis, vén de conseguir unha subvención de case 96.000 € para mellorar a xestión dos biorresiduos na comarca.
🔴 O proxecto, cofinanciado pola UE a través do Plan de Recuperación e a Xunta de Galicia, permitirá repartir 705 composteiros entre vivendas e pequenos negocios, ademais da construción de 2 novos centros de compostaxe comunitaria en Cambados (Vilariño e Ribeiriño). Todo o proceso é gratuito para a veciñanza.
🔴 A compostaxe é xa obrigatoria e ofrece unha alternativa sostible ao contedor xenérico, reducindo o impacto ambiental e os custos de transporte e tratamento. O Mestre Composteiro será o encargado de ofrecer formación e apoio para garantir un proceso sinxelo, limpo e eficaz.
🔴 Tamén se continúa co préstamo gratuíto de biotrituradoras, evitando queimas perigosas e favorecendo o uso de material triturado nos composteiros.
Queres un composteiro? Só precisas ter vivenda con terreo en Cambados, Meaño ou Meis. Contacta co Servizo de Compostaxe da Mancomunidade:
📞 605 612 803
✉️ compostaxe@osalnes.com
Un paso firme cara a un modelo de xestión de residuos máis sostible, local e eficiente.
#Compostaxe #OSalnés #GaliciaSostible #Biorresiduos #NextGenerationEU #Cambados #Meaño #Meis #Sostibilidade #EconomíaCircular