πŸ”΄ VILLAVERDE PRESIDE A REUNIΓ“N DE COORDINACIΓ“N DOS PORTOS ESTATAIS E AUTONΓ“MICOS EN GALICIA E RECLAMA O DESBLOQUEO DAS DRAGAXES NAS RÍAS BAIXAS



A conselleira do Mar, Marta Villaverde, presidiu esta maΓ±Γ‘ a reuniΓ³n de coordinaciΓ³n das Autoridades Portuarias do Estado en Galicia —Ferrol-San Cibrao, A CoruΓ±a, VilagarcΓ­a, MarΓ­n-Pontevedra e Vigo— xunto a Portos de Galicia, nun encontro no que se abordaron cuestiΓ³ns clave para o futuro do sistema portuario galego. A titular de Mar salientou a relevancia destas xuntanzas para dar unha resposta coordinada aos desafΓ­os comΓΊns dos portos de titularidade estatal e dos 122 peiraos autonΓ³micos que xestiona a Xunta.


Durante a reuniΓ³n destacouse o avance conxunto na mellora das infraestruturas portuarias, co conseguinte impacto positivo nos trΓ‘ficos de mercadorΓ­as, pasaxeiros e na actividade pesqueira. Este ΓΊltimo, sector estratΓ©xico para Galicia, representa arredor do 5% do PIB e preto de 50.000 empregos, xerando exportaciΓ³ns por valor de 2.800 millΓ³ns de euros anuais.


Outro dos temas abordados foi o impulso Γ‘ promociΓ³n das dΓ‘rsenas deportivas galegas baixo a estratexia Galicia, porto ΓΊnico, co obxectivo de reforzar o seu posicionamento no mercado nacional e internacional. Os peiraos autonΓ³micos acadaron unha facturaciΓ³n de 6,2 millΓ³ns de euros no ano 2024, e a previsiΓ³n para este ano Γ© superar as 5.800 embarcaciΓ³ns estranxeiras que recalaron na comunidade. Para acadar este fito, Portos de Galicia destina 1,2 millΓ³ns de euros Γ‘ mellora e mantemento destas instalaciΓ³ns.


En canto Γ‘s dragaxes pendentes nas rΓ­as de Arousa, Pontevedra e Vigo, Xunta e Autoridades Portuarias coincidiron na necesidade urxente de que o Ministerio para a TransiciΓ³n EcolΓ³xica autorice un novo punto de vertido que desbloquee as actuaciΓ³ns paralizadas desde 2021. Portos de Galicia, xunto coas Autoridades Portuarias afectadas e o CEDEX, elaborou o estudo de alternativas esixido polo Goberno central, remitido xa en abril deste ano. PorΓ©n, o Ministerio aΓ­nda non emitiu a autorizaciΓ³n necesaria, o que impide avanzar nos 16 proxectos de dragaxe previstos nas RΓ­as Baixas.


Nombre

A Illa,5,A Illa de Arousa,7,Barro,1,Caldas de Reis,3,Cambados,47,Catoira,19,DeputaciΓ³n,2,Galicia,1,MarΓ­n,1,MeaΓ±o,5,Meis,3,MoraΓ±a,1,O Grove,4,O SalnΓ©s,19,Pontecesures,4,Pontevedra,19,Pontevedra.,3,Portas,6,Ribadu,1,Ribadumia,7,SalnΓ©s,4,Santiago,3,Sanxenxo,26,Sanxenxo.,3,Valga,3,Vilagarcia,36,VilagarcΓ­a,105,Vilagarcia.,6,VilagarcΓ­a.,3,Vilanova,7,Vilanova.,1,
ltr
item
Canal Arousa: πŸ”΄ VILLAVERDE PRESIDE A REUNIΓ“N DE COORDINACIΓ“N DOS PORTOS ESTATAIS E AUTONΓ“MICOS EN GALICIA E RECLAMA O DESBLOQUEO DAS DRAGAXES NAS RÍAS BAIXAS
πŸ”΄ VILLAVERDE PRESIDE A REUNIΓ“N DE COORDINACIΓ“N DOS PORTOS ESTATAIS E AUTONΓ“MICOS EN GALICIA E RECLAMA O DESBLOQUEO DAS DRAGAXES NAS RÍAS BAIXAS
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgIN-Vl4vh7XUtZv6DhKB2SG6i1fzmvGdrlm369lDuOv5wfYm0e_g4Ci1SQvP0uGGvUHdKZYaKiiwH-1AS8TzOfojRq4V79MKpQ1xH3NI3_lbr_oS3rbHhC-TcBkFVD4CL_s8viJpdawcYUVLI3owlKMHq3ueHKgKizVaskgK180WrmF1i0XD-ci2oBbGWY/s320/IMG_1356.jpeg
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgIN-Vl4vh7XUtZv6DhKB2SG6i1fzmvGdrlm369lDuOv5wfYm0e_g4Ci1SQvP0uGGvUHdKZYaKiiwH-1AS8TzOfojRq4V79MKpQ1xH3NI3_lbr_oS3rbHhC-TcBkFVD4CL_s8viJpdawcYUVLI3owlKMHq3ueHKgKizVaskgK180WrmF1i0XD-ci2oBbGWY/s72-c/IMG_1356.jpeg
Canal Arousa
https://www.canalarousa.com/2025/06/villaverde-preside-reunion-de.html
https://www.canalarousa.com/
https://www.canalarousa.com/
https://www.canalarousa.com/2025/06/villaverde-preside-reunion-de.html
true
1289625103974812364
UTF-8
Todos os artigos cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Leer mais Contestar Cancelar reply Borrar Por Portada PÁXINAS ARTIGOS Ver todo RECOMENDADO PARA TI ETIQUETA ARQUIVO BUSCAR TODOS OS ARTIGOS Not found any post match with your request Portada Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres SÑbado Dom Lun Mar Mer Xov Ven Sab Xaneiro Febreiro Marzo Abpril Maio Xuño Xulio Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Sep Out Nov Dec agora Fai 1 minuto Fai $$1$$ minutos Fai 1 hora Fai $$1$$ horas Onte Fai $$1$$ dias Fai $$1$$ semanas fai mais de 5 semanas Seguidores Seguir CONTIDO PREMIUM STEP 1: Comparte nunha rede social STEP 2: Preme nese enlace publicado na rede social Copiar todo o código Seleccionar todo o código All codes were copied to your clipboard Can not copy the codes / texts, please press [CTRL]+[C] (or CMD+C with Mac) to copy Tabla de Contidos