INVESTIGADA UNHA MULLER DE BUEU POR ESTAFA CONTINUADA EN ALUGUEIROS TURΓSTICOS NA ILLA DE ONS
A presunta autora localizouse en Huesca e poderΓa ter obtido mΓ‘is de 2.000 euros mediante reservas falsas. As vΓtimas pagaban por vivendas que xa estaban ocupadas.
Efectivos do Posto da Garda Civil de MarΓn investigan a unha muller de 38 anos, veciΓ±a de Bueu, como presunta autora dun delito de estafa continuada relacionado co alugueiro fraudulento de vivendas turΓsticas na Illa de Ons.
Desde principios de xullo, foron recollidas 10 denuncias de persoas que aseguraron ter reservado e pagado o alugueiro de vivendas na illa, para decatarse, ao chegar, de que estaban xa ocupadas por outros usuarios. Os importes abonados foron superiores aos 2.000 euros no total.
A investigaciΓ³n iniciada polos axentes permitiu localizar Γ‘ sospeitosa en Huesca, aΓnda que o seu domicilio habitual estΓ‘ en Bueu. Conta con antecedentes policiais por feitos similares.
π A Garda Civil non descarta que haxa mΓ‘is vΓtimas, polo que recomenda a quen se sinta afectado que presente a correspondente denuncia.
π LΓ©mbrase tamΓ©n que na Illa de Ons sΓ³ estΓ‘ permitida a pernocta no cΓ‘mping autorizado, e que coa entrada en vigor o 1 de xullo de 2025 da nova normativa estatal sobre alugueiros turΓsticos, Γ© obrigatorio acreditar a propiedade da vivenda para poder inscribila no Rexistro Γnico de Vivendas de Uso TurΓstico. Polo tanto, as vivendas na Illa de Ons non poden legalmente ser alugadas con fins turΓsticos.
As dilixencias foron entregadas no Xulgado de Garda de MarΓn, onde tamΓ©n serΓ‘n remitidas as novas denuncias que se vaian rexistrando. A investigada deberΓ‘ comparecer cando sexa requirida.
π’ A Garda Civil aconsella extremar as precauciΓ³ns Γ‘ hora de contratar aloxamentos vacacionais, utilizar plataformas oficiais e seguras, e desconfiar de ofertas sospeitosamente baratas ou sen garantΓas documentais.
