πŸ”΄ 𝐎 𝐒𝐀𝐋𝐍𝐄́𝐒 πƒπ„π’π€π‘π“πˆπ‚π”π‹π€πƒπ€ 𝐔𝐍𝐇𝐀 πˆπŒππŽπ‘π“π€ππ“π„ 𝐑𝐄𝐃𝐄 𝐃𝐄 ππ€π‘π‚πŽπ“π‘π€́π…πˆπ‚πŽ π‚πŽπ 𝟏𝟏 πƒπ„π“πˆπƒπŽπ’





πŸ”΄ A Garda Civil e a PolicΓ­a Nacional veΓ±en de desarticular unha importante organizaciΓ³n criminal dedicada ao trΓ‘fico de drogas con base no SalnΓ©s, nunha operaciΓ³n conxunta que se saldou con 11 detidos. Todos eles son varΓ³ns de entre 41 e 52 anos, con antecedentes, e veciΓ±os de distintas localidades como Caldas de Reis, A Illa de Arousa, Vilanova, VilagarcΓ­a, Pontevedra, Porto do Son e Bilbao.


πŸ”΄ A denominada operaciΓ³n HELO/KALIDAS iniciouse en maio de 2024 tras diversas investigaciΓ³ns policiais. Un dos momentos clave produciuse en outubro de 2025, cando se interceptou un vehΓ­culo en Ribadeo con 10 quilos de droga ocultos nun dobre fondo. A raΓ­z deste operativo, realizouse un rexistro domiciliario no que se incautaron importantes cantidades de heroΓ­na, cocaΓ­na e haxix, ademais de telΓ©fonos satelitais.


πŸ”΄ Durante a fase final da operaciΓ³n practicΓ‘ronse 12 rexistros simultΓ‘neos, dous deles en Bilbao, nos que se interviΓ±eron mΓ‘is de 40 quilos de substancias estupefacientes, preto de 20.000 euros en efectivo, armas de fogo —incluΓ­ndo pistolas, un revΓ³lver e varias escopetas—, abundante municiΓ³n, vehΓ­culos, dispositivos electrΓ³nicos e dΓΊas embarcaciΓ³ns de alta velocidade preparadas para o transporte de droga.


πŸ”΄ En total, a operaciΓ³n permitiu retirar do mercado 5,5 quilos de heroΓ­na, 20,5 quilos de cocaΓ­na, 15,1 quilos de haxix e 2 quilos de substancia de corte. Ademais, os axentes localizaron un punto de almacenamento da organizaciΓ³n onde tamΓ©n se gardaban estupefacientes.


πŸ”΄ As detenciΓ³ns realizΓ‘ronse en diferentes puntos do territorio nacional, como LeΓ³n, Bilbao, Vigo ou VilagarcΓ­a, e supoΓ±en a desarticulaciΓ³n dun entramado que operaba tanto a nivel autonΓ³mico como estatal. O Xulgado de Caldas de Reis decretou o ingreso en prisiΓ³n dun dos principais implicados.


Nombre

A Illa,5,A Illa de Arousa,7,Barro,1,Caldas de Reis,3,Cambados,47,Catoira,19,DeputaciΓ³n,2,Galicia,1,MarΓ­n,1,MeaΓ±o,5,Meis,3,MoraΓ±a,1,O Grove,4,O SalnΓ©s,19,Pontecesures,4,Pontevedra,19,Pontevedra.,3,Portas,6,Ribadu,1,Ribadumia,7,SalnΓ©s,4,Santiago,3,Sanxenxo,26,Sanxenxo.,3,Valga,3,Vilagarcia,36,VilagarcΓ­a,105,Vilagarcia.,6,VilagarcΓ­a.,3,Vilanova,7,Vilanova.,1,
ltr
item
Canal Arousa: πŸ”΄ 𝐎 𝐒𝐀𝐋𝐍𝐄́𝐒 πƒπ„π’π€π‘π“πˆπ‚π”π‹π€πƒπ€ 𝐔𝐍𝐇𝐀 πˆπŒππŽπ‘π“π€ππ“π„ 𝐑𝐄𝐃𝐄 𝐃𝐄 ππ€π‘π‚πŽπ“π‘π€́π…πˆπ‚πŽ π‚πŽπ 𝟏𝟏 πƒπ„π“πˆπƒπŽπ’
πŸ”΄ 𝐎 𝐒𝐀𝐋𝐍𝐄́𝐒 πƒπ„π’π€π‘π“πˆπ‚π”π‹π€πƒπ€ 𝐔𝐍𝐇𝐀 πˆπŒππŽπ‘π“π€ππ“π„ 𝐑𝐄𝐃𝐄 𝐃𝐄 ππ€π‘π‚πŽπ“π‘π€́π…πˆπ‚πŽ π‚πŽπ 𝟏𝟏 πƒπ„π“πˆπƒπŽπ’
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEit6BYZPNPjznYlfVuDSquuKrwaCy0OtAm9FPe0eKrZXY-NQIk8GThSBz4_gU9WeRCqRahOj1h3P3V6Hh9P91kiSVBcJOfXj9eg0l5sEp36ZX0qkATskEi-f0J-Qco2du3VuI5m2fEtKM4bQgOHjUhK-zKHgHv5IaPfjIqP7heMJc82oWZ74VK2rfyhqIam/s320/IMG_0805.jpeg
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEit6BYZPNPjznYlfVuDSquuKrwaCy0OtAm9FPe0eKrZXY-NQIk8GThSBz4_gU9WeRCqRahOj1h3P3V6Hh9P91kiSVBcJOfXj9eg0l5sEp36ZX0qkATskEi-f0J-Qco2du3VuI5m2fEtKM4bQgOHjUhK-zKHgHv5IaPfjIqP7heMJc82oWZ74VK2rfyhqIam/s72-c/IMG_0805.jpeg
Canal Arousa
https://www.canalarousa.com/2026/04/blog-post_24.html
https://www.canalarousa.com/
https://www.canalarousa.com/
https://www.canalarousa.com/2026/04/blog-post_24.html
true
1289625103974812364
UTF-8
Todos os artigos cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Leer mais Contestar Cancelar reply Borrar Por Portada PÁXINAS ARTIGOS Ver todo RECOMENDADO PARA TI ETIQUETA ARQUIVO BUSCAR TODOS OS ARTIGOS Not found any post match with your request Portada Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres SÑbado Dom Lun Mar Mer Xov Ven Sab Xaneiro Febreiro Marzo Abpril Maio Xuño Xulio Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Sep Out Nov Dec agora Fai 1 minuto Fai $$1$$ minutos Fai 1 hora Fai $$1$$ horas Onte Fai $$1$$ dias Fai $$1$$ semanas fai mais de 5 semanas Seguidores Seguir CONTIDO PREMIUM STEP 1: Comparte nunha rede social STEP 2: Preme nese enlace publicado na rede social Copiar todo o código Seleccionar todo o código All codes were copied to your clipboard Can not copy the codes / texts, please press [CTRL]+[C] (or CMD+C with Mac) to copy Tabla de Contidos