O Grupo Municipal de EU presentou unha lista de propostas para ser incluídas no orzamento municipal de Vilagarcía de Arousa para 2024, que se debaterá no pleno da corporación municipal.
Consideracións previas:
O grupo lamenta que o Goberno plantexase a negociación como un mero trámite, debido a un acordo previo con outra organización sen consultar co resto das forzas da corporación. Denuncian tamén que se lles esixiu unha proposta alternativa en só 48 horas, cando o Goberno levou case dous anos en presentar a súa.
Ademais, EU critica que o borrador presentado é “política ficción”, xa que propón un orzamento de 33.030.398 €, inferior ao prorrogado de 2023 (37.330.000 €) e á liquidación real de 2023 (51.000.000 €). Sinalan que un terzo do orzamento non figura no documento, estimando que se “ocultan” preto de 18 millóns de euros.
Propostas destacadas:
1. Remunicipalización do Servizo de Axuda no Fogar.
2. Redución das concellarías liberadas ou do montante destinado a dedicacións exclusivas.
3. Revisión integral das taxas e impostos municipais.
4. Adquisición de terreos e vivenda dos Duques de Terranova para creación dunha residencia pública: 1.000.000 €
5. Adquisición de terreos e vivenda na Avd. de Cambados en Vilaxoán para creación dun centro de día municipal: 400.000 €
6. Reforma integral de Fexdega para actividades deportivas: 750.000 €
7. Adquisición de vivenda en Cornazo para centros educativos e de día: 400.000 €
8. Construción de vivenda pública municipal: 2.000.000 €
9. Estudo da situación da vivenda turística e medidas para evitar a súa expansión: 50.000 €
10. Rehabilitación integral do Balneario: 800.000 €
11. Plan de emprego municipal para maiores de 45 anos e mulleres: 1.250.000 €
12. Humanización e peonalización da Avd. da Mariña: 400.000 €
13. Instalación de pistas de baloncesto 3x3 e fútbol sala en FEXDEGA: 150.000 €
14. Plan municipal de saúde mental: 220.000 €
15. Axudas para transporte a clubs deportivos: 100.000 €
16. Remodelación do campo deportivo da Malladoira: 150.000 €
17. Incremento das axudas a entidades deportivas e culturais: 800.000 €
18. Novos camiños escolares seguros: 150.000 €
19. Novo plan de tráfico para evitar colapso no concello: 75.000 €
20. Incremento de axudas e plans de conciliación: 150.000 €
21. Remodelación integral do campo da Lomba: 600.000 €
22. Incremento de becas e axudas a estudantes: 25.715 €
23. APP de reserva de espazos e instalacións deportivas e culturais: 55.000 €
24. Mellora da seguridade viaria en varias zonas: 250.000 €
25. Instalación de elementos redutores de velocidade en rúas clave: 60.000 €
26. Melloras en centros socioculturais de Faxilde e Rubiáns: 200.000 €
27. Recuperación integral do pavillón de Bamio: 325.000 €
28. Actuacións de saneamento en diversas áreas: 250.000 €
29. Plan de axudas a familias contra a crise dos prezos: 300.000 €
30. Adquisición de terreos para mellorar o campo da festa de Sobradelo: 50.000 €
31. Remodelación de parques infantís e outras áreas recreativas: 392.000 €
32. Recuperación de muíños en Bamio e Coca: 300.000 €
33. Humanización de rúas clave e mellora da Casa da Cultura en diversas zonas: 690.000 €
34. Melloras nos pavimentos dos pavillóns de Guillán e A Torre: 150.000 €
35. Humanización e posta en valor do centro histórico de Vilaxoán: 250.000 €
36. Sinalización de rutas e horarios do transporte urbano en todas as paradas: 150.000 €
37. Recuperación do parque do Castriño: 150.000 €
38. Melloras no parque do Piñeriño: 150.000 €
39. Recuperación e mellora de espazos deportivos en Monte S. Roque en Carril: 100.000 €
40. Plan de emprego para a recuperación e mantemento do mobiliario e espazos urbanos.
