O Concello de Vilagarcia
deu luz verde ao proxecto que busca transformar a contorna da Praza da PeixerΓa. A actuaciΓ³n, que abranguerΓ‘ o tramo da avenida da MariΓ±a entre Conde Vallellano e a Praza do Doutor CarΓΊs, inclΓΊe a creaciΓ³n dun paseo peonil con zonas verdes, poΓ±endo en valor o edificio histΓ³rico e o casco antigo da zona do Castro.
O proxecto, deseΓ±ado pola arquitecta local LucΓa AraΓΊjo e financiado pola Rede Γgora, contempla tamΓ©n a renovaciΓ³n das infraestruturas subterrΓ‘neas. Cun orzamento de 478.544 euros, o seguinte paso serΓ‘ procurar os fondos necesarios para a sΓΊa execuciΓ³n, que terΓ‘ unha duraciΓ³n estimada de seis meses.
