πŸ”΄ AVITURGA E AS OUTRAS ASOCIACIΓ“NS DE PROPIETARIOS DE VIVIENDAS VACACIONAIS INICIAN BATALLA XUDICIAL CONTRA O REAL DECRETO 1312/2024, QUE EXPULSA AO 90% DOS PEQUENOS ARRENDADORES



As principais asociaciΓ³ns que representan a propietarios particulares e xestores locais de vivendas vacacionais convocaron unha operaciΓ³n de mobilizaciΓ³n sen precedentes para recriminar o Real Decreto 1312/2024. Segundo as organizaciΓ³ns, a norma, que entrarΓ‘ en vigor o 1 de xullo de 2025, impΓ³n un segundo proceso de rexistro das vivendas no Rexistro da Propiedade e unha tributaciΓ³n do 21% que, ao seu entender, Γ© discriminatoria.





DETALLES DA NORMATIVA



  • Rexistro duplicado: A norma obriga a inscribir as vivendas vacacionais no Rexistro da Propiedade, a pesar de que xa se atopa inscrita nun rexistro turΓ­stico autonΓ³mico.
  • Custo elevado: O proceso de inscriciΓ³n suporΓ‘ un investimento superior a 3.000 euros por vivenda, unha despesa inasumible para os pequenos propietarios.
  • DiscriminaciΓ³n fiscal: O IVA do 21% aplicado a estas vivendas resta competitividade fronte a outros tipos de aloxamento, agravando a situaciΓ³n dos arrendadores particulares.






INCUMPLIR O DEREITO EUROPEO



As asociaciΓ³ns denuncian que o decreto infringe seis principios fundamentais do ordenamento xurΓ­dico espaΓ±ol e comunitario, especialmente o disposto no artigo 4.3 d) do Regulamento (UE) 2024/1028, que prohΓ­be a duplicidade de rexistros. Esta situaciΓ³n favorece a concentraciΓ³n do mercado nas mans dos grandes tenedores, fondos de inversiΓ³n e cadeas hoteleiras, expulsando a unha gran parte dos pequenos propietarios.


“Esta normativa non sΓ³ impΓ³n traballos administrativos duplicados, senΓ³n que castiga a miles de familias que dependen deste ingreso como complemento econΓ³mico”, destacou un representante de AVITURGA.





REACCIONES E MOBILIZACIΓ“N



  • Millares de correos: Propietarios particulares enviaron miles de mensaxes a Ministerios e parlamentarios exixindo a paralizaciΓ³n inmediata da norma.
  • Recursos xudiciais: JΓ‘ se interpuxeron tres recursos ante o Tribunal Supremo, en base Γ‘s supostas vulneraciΓ³ns dos principios legais fundamentais e das competencias das Comunidades AutΓ³nomas.
  • ConfirmaciΓ³n europea: Durante unha reuniΓ³n organizada pola AsociaciΓ³n Canaria do Alugueiro Vacacional (ASCAV) coas autoridades da ComisiΓ³n Europea, confirmouse que o Real Decreto incumpre o Dereito da UE ao esixir un segundo rexistro que duplicarΓ­a os trΓ‘mites administrativos.






PROPΓ“NSE UN MODELO ALTERNATIVO



Longe de rexeitar o concepto de ventanilla ΓΊnica, os responsables de AVITURGA propoΓ±en unha soluciΓ³n reformulada:

CREAR A “VENTANILLA ÚNICA DIXITAL DE ARRENDAMENTOS” que interconecte os rexistros turΓ­sticos autonΓ³micos co Rexistro da Propiedade. Esta medida garantirΓ­a a interoperabilidade dos datos e evitarΓ­a a duplicidade administrativa, respetando as competencias das administraciΓ³ns autonΓ³micas e cumprindo co establecido pola normativa europea.





UN FENΓ“MENO SEN PRECEDENTES



A implementaciΓ³n do Real Decreto 1312/2024 Γ© vista como o punto de quiebre para o sector das vivendas vacacionais en EspaΓ±a. Con esta normativa, consideraron AVITURGA e outras asociaciΓ³ns que se vai producir a maior expulsiΓ³n dos pequenos propietarios da historia, afectando especialmente Γ‘s zonas rurais de Galicia, Canarias e outras Γ‘reas peninsulares onde se concentra a economΓ­a familiar dependente deste tipo de aloxamento.


Nombre

A Illa,5,A Illa de Arousa,7,Barro,1,Caldas de Reis,3,Cambados,47,Catoira,19,DeputaciΓ³n,2,Galicia,1,MarΓ­n,1,MeaΓ±o,5,Meis,3,MoraΓ±a,1,O Grove,4,O SalnΓ©s,19,Pontecesures,4,Pontevedra,19,Pontevedra.,3,Portas,6,Ribadu,1,Ribadumia,7,SalnΓ©s,4,Santiago,3,Sanxenxo,26,Sanxenxo.,3,Valga,3,Vilagarcia,36,VilagarcΓ­a,105,Vilagarcia.,6,VilagarcΓ­a.,3,Vilanova,7,Vilanova.,1,
ltr
item
Canal Arousa: πŸ”΄ AVITURGA E AS OUTRAS ASOCIACIΓ“NS DE PROPIETARIOS DE VIVIENDAS VACACIONAIS INICIAN BATALLA XUDICIAL CONTRA O REAL DECRETO 1312/2024, QUE EXPULSA AO 90% DOS PEQUENOS ARRENDADORES
πŸ”΄ AVITURGA E AS OUTRAS ASOCIACIΓ“NS DE PROPIETARIOS DE VIVIENDAS VACACIONAIS INICIAN BATALLA XUDICIAL CONTRA O REAL DECRETO 1312/2024, QUE EXPULSA AO 90% DOS PEQUENOS ARRENDADORES
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiWiYxznwDtW3qhKNz8Tyyp9HqE3-cDhI_6n3Cex4ENenmnsj-RMJaf-3YzSJ_QeXAPcScovdzHiRzb2AaXNky96PHk-YukdTIxP9KLB-E4K6whYBLGwm_rf7eJkZl5JI8miFhfLfxlDJlhjgS33GkKuFds4ADnkls6zh8gM1-ZB8vWsc8Q4NlfRfJoIsuk/s320/IMG_0087%20Copy.jpeg
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiWiYxznwDtW3qhKNz8Tyyp9HqE3-cDhI_6n3Cex4ENenmnsj-RMJaf-3YzSJ_QeXAPcScovdzHiRzb2AaXNky96PHk-YukdTIxP9KLB-E4K6whYBLGwm_rf7eJkZl5JI8miFhfLfxlDJlhjgS33GkKuFds4ADnkls6zh8gM1-ZB8vWsc8Q4NlfRfJoIsuk/s72-c/IMG_0087%20Copy.jpeg
Canal Arousa
https://www.canalarousa.com/2025/06/aviturga-e-as-outras-asociacions-de.html
https://www.canalarousa.com/
https://www.canalarousa.com/
https://www.canalarousa.com/2025/06/aviturga-e-as-outras-asociacions-de.html
true
1289625103974812364
UTF-8
Todos os artigos cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Leer mais Contestar Cancelar reply Borrar Por Portada PÁXINAS ARTIGOS Ver todo RECOMENDADO PARA TI ETIQUETA ARQUIVO BUSCAR TODOS OS ARTIGOS Not found any post match with your request Portada Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres SÑbado Dom Lun Mar Mer Xov Ven Sab Xaneiro Febreiro Marzo Abpril Maio Xuño Xulio Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Sep Out Nov Dec agora Fai 1 minuto Fai $$1$$ minutos Fai 1 hora Fai $$1$$ horas Onte Fai $$1$$ dias Fai $$1$$ semanas fai mais de 5 semanas Seguidores Seguir CONTIDO PREMIUM STEP 1: Comparte nunha rede social STEP 2: Preme nese enlace publicado na rede social Copiar todo o código Seleccionar todo o código All codes were copied to your clipboard Can not copy the codes / texts, please press [CTRL]+[C] (or CMD+C with Mac) to copy Tabla de Contidos