πŸ”΄ O BNG PROPΓ“N O POMBAL COMO ALTERNATIVA REAL PARA OS GRANDES CONCERTOS EN CAMBADOS



O BNG de Cambados, a travΓ©s do seu portavoz Liso GonzΓ‘lez, vΓ©n de propoΓ±er unha alternativa clara e viable para a celebraciΓ³n dos grandes concertos e eventos musicais do verΓ‘n: o espazo deportivo do Pombal. TrΓ‘tase do mesmo lugar no que tivo lugar recentemente o Festival Sondomar, cun resultado moi positivo tanto a nivel tΓ©cnico como de participaciΓ³n cidadΓ‘.


Segundo explica a formaciΓ³n nacionalista, o Γ©xito da organizaciΓ³n deste festival amosa que o Pombal reΓΊne todas as condiciΓ³ns necesarias para acoller grandes espectΓ‘culos: permite un control eficaz do aforo, Γ© un espazo pechado e seguro, non interfire no trΓ‘fico nin na vida diaria do centro urbano, facilita a montaxe e desmontaxe do material tΓ©cnico, e mesmo pode contar co apoio do pavillΓ³n municipal para operativas como camerΓ­ns ou almacenamento, especialmente en Γ©poca estival cando hai menos actividade deportiva.


O BNG considera que a Praza de FefiΓ±Γ‘ns, pola sΓΊa importancia histΓ³rica, patrimonial e simbΓ³lica, debe quedar reservada para eventos de menor impacto, que garantan a sΓΊa conservaciΓ³n e non comprometan nin a estrutura do ben nin a convivencia veciΓ±al. Desde hai anos veΓ±en defendendo que esta praza, un dos principais atractivos de Cambados, non pode seguir asumindo eventos masivos que xeran problemas de masificaciΓ³n, ruΓ­do, alteraciΓ³n do trΓ‘fico e presiΓ³n sobre os negocios e residentes da zona.


A alternativa do Pombal permite manter unha programaciΓ³n cultural ambiciosa sen renunciar Γ‘ protecciΓ³n do patrimonio. Para o BNG, Cambados pode e debe ser un exemplo de convivencia entre cultura e conservaciΓ³n, e considera que esta proposta non Γ© un freo Γ‘ celebraciΓ³n de concertos, senΓ³n unha oportunidade para facelo mellor, de maneira mΓ‘is organizada e sen consecuencias negativas.


Desde a concellerΓ­a de Patrimonio valorouse positivamente esta opciΓ³n e entΓ©ndese que agora hai un escenario claro para repensar o modelo de uso do espazo pΓΊblico e dar o paso cara a unha nova etapa.


O BNG fai un chamamento ao diΓ‘logo e Γ‘ responsabilidade colectiva para avanzar neste sentido, co convencemento de que Cambados pode ser un referente en Galicia na xestiΓ³n intelixente e sustentable dos seus eventos culturais.


Nombre

A Illa,5,A Illa de Arousa,7,Barro,1,Caldas de Reis,3,Cambados,47,Catoira,19,DeputaciΓ³n,2,Galicia,1,MarΓ­n,1,MeaΓ±o,5,Meis,3,MoraΓ±a,1,O Grove,4,O SalnΓ©s,19,Pontecesures,4,Pontevedra,19,Pontevedra.,3,Portas,6,Ribadu,1,Ribadumia,7,SalnΓ©s,4,Santiago,3,Sanxenxo,26,Sanxenxo.,3,Valga,3,Vilagarcia,36,VilagarcΓ­a,105,Vilagarcia.,6,VilagarcΓ­a.,3,Vilanova,7,Vilanova.,1,
ltr
item
Canal Arousa: πŸ”΄ O BNG PROPΓ“N O POMBAL COMO ALTERNATIVA REAL PARA OS GRANDES CONCERTOS EN CAMBADOS
πŸ”΄ O BNG PROPΓ“N O POMBAL COMO ALTERNATIVA REAL PARA OS GRANDES CONCERTOS EN CAMBADOS
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgonSxyrkAlkqDEwArvctPUEjWanordVxttGaFKJiwucioP6Y_m4oKg5eStdI27_SyiTzBTSCnMmJ8Xb9Prm7t0uOL1dqPPgY0jVZ0hTcth9CPUoaTSSLe7_8d4XWv3agElkDAVh684MKnI3i3t4cxcSVDLyYi5BCfHXe92_Qs2AW_35b7UO0vctUjdMOQQ/s320/IMG_3044.jpeg
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgonSxyrkAlkqDEwArvctPUEjWanordVxttGaFKJiwucioP6Y_m4oKg5eStdI27_SyiTzBTSCnMmJ8Xb9Prm7t0uOL1dqPPgY0jVZ0hTcth9CPUoaTSSLe7_8d4XWv3agElkDAVh684MKnI3i3t4cxcSVDLyYi5BCfHXe92_Qs2AW_35b7UO0vctUjdMOQQ/s72-c/IMG_3044.jpeg
Canal Arousa
https://www.canalarousa.com/2025/07/o-bng-propon-o-pombal-como-alternativa.html
https://www.canalarousa.com/
https://www.canalarousa.com/
https://www.canalarousa.com/2025/07/o-bng-propon-o-pombal-como-alternativa.html
true
1289625103974812364
UTF-8
Todos os artigos cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Leer mais Contestar Cancelar reply Borrar Por Portada PÁXINAS ARTIGOS Ver todo RECOMENDADO PARA TI ETIQUETA ARQUIVO BUSCAR TODOS OS ARTIGOS Not found any post match with your request Portada Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres SÑbado Dom Lun Mar Mer Xov Ven Sab Xaneiro Febreiro Marzo Abpril Maio Xuño Xulio Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Sep Out Nov Dec agora Fai 1 minuto Fai $$1$$ minutos Fai 1 hora Fai $$1$$ horas Onte Fai $$1$$ dias Fai $$1$$ semanas fai mais de 5 semanas Seguidores Seguir CONTIDO PREMIUM STEP 1: Comparte nunha rede social STEP 2: Preme nese enlace publicado na rede social Copiar todo o código Seleccionar todo o código All codes were copied to your clipboard Can not copy the codes / texts, please press [CTRL]+[C] (or CMD+C with Mac) to copy Tabla de Contidos