O Seprona da Garda Civil de Tui detivo o pasado venres a un home de 46 anos, veciño de Goián (Tomiño) e con numerosos antecedentes policiais relacionados coa seguridade viaria, como presunto autor dun incendio forestal.
O lume produciuse o pasado 23 de xuño en Goián. Dende o primeiro momento, as pescudas realizadas apuntaban a un veciño da zona, dado que os focos se iniciaban sempre en áreas forestais cunha casuística similar: mesmo horario, próximos a camiños e pistas forestais.
Segundo a investigación, ao detido vincúlase tamén coa autoría doutros dous incendios forestais rexistrados na mesma zona os días 1 de marzo de 2025 e 11 de xullo de 2025, e está a ser investigado pola súa posible participación noutros dez lumes forestais ocorridos entre os anos 2017 e 2024. En varios destes casos, testemuñas chegaron a velo polas inmediacións das zonas afectadas.
O arrestado foi posto en liberdade en sede policial, á espera de ser chamado a declarar no Xulgado de Garda de Tui, ao que xa foron remitidas as dilixencias.
Na investigación colaboraron tamén o Puesto da Garda Civil de Tomiño, a Policía Xudicial de Tui e a Policía Local.