πƒπ„ππ”π“π€π‚πˆπŽ́𝐍 π€ππ‘πŽππ€ πŒπ€́πˆπ’ 𝐃𝐄 πŸ”.𝟎𝟎𝟎 π„π”π‘πŽπ’ 𝐏𝐀𝐑𝐀 ππŽπ•πŽπ’ ππ€ππ‚πŽπ’ 𝐍𝐎 π‚π€πŒππŽ πŒπ€ππ”π„π‹ π‰πˆπŒπ„́𝐍𝐄𝐙 π€ππ€π‹πŽ 𝐄𝐍 π•πˆπ‹π€π†π€π‘π‚πˆ́𝐀

 


πƒπ„ππ”π“π€π‚πˆπŽ́𝐍 π€ππ‘πŽππ€ πŒπ€́πˆπ’ 𝐃𝐄 πŸ”.𝟎𝟎𝟎 π„π”π‘πŽπ’ 𝐏𝐀𝐑𝐀 ππŽπ•πŽπ’ ππ€ππ‚πŽπ’ 𝐍𝐎 π‚π€πŒππŽ πŒπ€ππ”π„π‹ π‰πˆπŒπ„́𝐍𝐄𝐙 π€ππ€π‹πŽ 𝐄𝐍 π•πˆπ‹π€π†π€π‘π‚πˆ́𝐀 𝐃𝐄 π€π‘πŽπ”π’π€


A DeputaciΓ³n de Pontevedra vΓ©n de aprobar unha achega de mΓ‘is de 6.000 euros destinada ao Concello de VilagarcΓ­a de Arousa para a instalaciΓ³n de novos bancos no campo de fΓΊtbol municipal Manuel JimΓ©nez Abalo. Esta actuaciΓ³n enmΓ‘rcase no III Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, dotado cun investimento global de 8 millΓ³ns de euros.


A intervenciΓ³n permitirΓ‘ mellorar as condiciΓ³ns das bancadas do recinto deportivo, que na actualidade conta con catro bancos en mal estado. Co novo investimento, instalaranse dous bancos de aceiro con capacidade para dez persoas cada un, equipados con cuberta e protecciΓ³n fronte Γ‘ choiva, o vento e a radiaciΓ³n solar, co obxectivo de mellorar o confort de xogadores e corpo tΓ©cnico durante os encontros e adestramentos.


O campo Manuel JimΓ©nez Abalo Γ© utilizado por equipos como o Arosa SC, AtlΓ©tico Arousana, San MartΓ­n e Os Ingleses Rugby, ademais de acoller competiciΓ³ns oficiais de Γ‘mbito autonΓ³mico e estatal. A mellora destas instalaciΓ³ns contribΓΊe a reforzar o seu uso deportivo e a calidade das infraestruturas municipais.


VilagarcΓ­a de Arousa Γ© o concello que mΓ‘is fondos recibe dentro deste plan provincial, con preto de 312.500 euros destinados a distintas actuaciΓ³ns. Entre elas inclΓΊense a reposiciΓ³n de muros en campos de fΓΊtbol, a instalaciΓ³n dun videomarcador no pavillΓ³n Sara GΓ³mez, a mellora do estadio de atletismo e a substituciΓ³n de luminarias por tecnoloxΓ­a LED nas instalaciΓ³ns deportivas municipais.


Nombre

A Illa,5,A Illa de Arousa,7,Barro,1,Caldas de Reis,3,Cambados,47,Catoira,19,DeputaciΓ³n,2,Galicia,1,MarΓ­n,1,MeaΓ±o,5,Meis,3,MoraΓ±a,1,O Grove,4,O SalnΓ©s,19,Pontecesures,4,Pontevedra,19,Pontevedra.,3,Portas,6,Ribadu,1,Ribadumia,7,SalnΓ©s,4,Santiago,3,Sanxenxo,26,Sanxenxo.,3,Valga,3,Vilagarcia,36,VilagarcΓ­a,105,Vilagarcia.,6,VilagarcΓ­a.,3,Vilanova,7,Vilanova.,1,
ltr
item
Canal Arousa: πƒπ„ππ”π“π€π‚πˆπŽ́𝐍 π€ππ‘πŽππ€ πŒπ€́πˆπ’ 𝐃𝐄 πŸ”.𝟎𝟎𝟎 π„π”π‘πŽπ’ 𝐏𝐀𝐑𝐀 ππŽπ•πŽπ’ ππ€ππ‚πŽπ’ 𝐍𝐎 π‚π€πŒππŽ πŒπ€ππ”π„π‹ π‰πˆπŒπ„́𝐍𝐄𝐙 π€ππ€π‹πŽ 𝐄𝐍 π•πˆπ‹π€π†π€π‘π‚πˆ́𝐀
πƒπ„ππ”π“π€π‚πˆπŽ́𝐍 π€ππ‘πŽππ€ πŒπ€́πˆπ’ 𝐃𝐄 πŸ”.𝟎𝟎𝟎 π„π”π‘πŽπ’ 𝐏𝐀𝐑𝐀 ππŽπ•πŽπ’ ππ€ππ‚πŽπ’ 𝐍𝐎 π‚π€πŒππŽ πŒπ€ππ”π„π‹ π‰πˆπŒπ„́𝐍𝐄𝐙 π€ππ€π‹πŽ 𝐄𝐍 π•πˆπ‹π€π†π€π‘π‚πˆ́𝐀
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhnfcwPCf4FXnrQ4eY8mEhIvE7C1y2jcBExDRvQuxM7nnSFGfAS8ZAC-YKhNdMDHlL5ehJpkcWt602T_5DAYDnBYRIX4jyB104JrfngJ28_Gi7jz8slxpwAJMQhZTAxk-GzxKsFmSBpRUWtYlMMGksIi2hdzNx1wYqxB7bFKcF7hQiMKJUeDf4qC81haOJS/s320/IMG_0654.jpeg
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhnfcwPCf4FXnrQ4eY8mEhIvE7C1y2jcBExDRvQuxM7nnSFGfAS8ZAC-YKhNdMDHlL5ehJpkcWt602T_5DAYDnBYRIX4jyB104JrfngJ28_Gi7jz8slxpwAJMQhZTAxk-GzxKsFmSBpRUWtYlMMGksIi2hdzNx1wYqxB7bFKcF7hQiMKJUeDf4qC81haOJS/s72-c/IMG_0654.jpeg
Canal Arousa
https://www.canalarousa.com/2026/04/blog-post_21.html
https://www.canalarousa.com/
https://www.canalarousa.com/
https://www.canalarousa.com/2026/04/blog-post_21.html
true
1289625103974812364
UTF-8
Todos os artigos cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Leer mais Contestar Cancelar reply Borrar Por Portada PÁXINAS ARTIGOS Ver todo RECOMENDADO PARA TI ETIQUETA ARQUIVO BUSCAR TODOS OS ARTIGOS Not found any post match with your request Portada Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres SÑbado Dom Lun Mar Mer Xov Ven Sab Xaneiro Febreiro Marzo Abpril Maio Xuño Xulio Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Sep Out Nov Dec agora Fai 1 minuto Fai $$1$$ minutos Fai 1 hora Fai $$1$$ horas Onte Fai $$1$$ dias Fai $$1$$ semanas fai mais de 5 semanas Seguidores Seguir CONTIDO PREMIUM STEP 1: Comparte nunha rede social STEP 2: Preme nese enlace publicado na rede social Copiar todo o código Seleccionar todo o código All codes were copied to your clipboard Can not copy the codes / texts, please press [CTRL]+[C] (or CMD+C with Mac) to copy Tabla de Contidos